Xestor de coleccións
Tellico é unha aplicación para organizar coleccións. Fornece modelos predeterminados para libros, bibliografías, vídeos, música, videoxogos, moedas, selos, cartas de colección, banda deseñada, e vinos. Permítelle inserir a súa colección a unha base de datos de catálogo na que pode gardar moitas propiedades distintas, como títulos, autorías, etc.
Funcionalidades:
- Compatíbel con coleccións predeterminadas de libros, entradas bibliográficas, vídeos, música, videoxogos, banda deseñada, moedas, selos, cartas de colección, viños, xogos de taboleiro e catálogos de ficheiros.
- Permite aos usuarios definir coleccións personalizadas.
- Permite ao usuario definir campos de varios tipos: texto, parágrafo, lista, lista con caixas para marcar, número, URL, data, imaxes, e combinacións.
- Pode xestionar entradas con varios autores, xéneros, palabras clave, etc.
- Aplica automaticamente un formato aos títulos e nomes.
- Permite buscar nas coleccións e filtrar nas vistas.
- Permite ordenar ou agrupar as coleccións en funcións de varias propiedades.
- Permite personalizar os modelos para entradas mediante XSLT.
- Importa MODS, Bibtex, RIS, CSV, metadatos de PDF, e moitos outros formatos.
- Pode exportar coleccións nos formatos Bibtex, CSV, e HTML, entre outros.
- Importa información directamente de Amazon.com, IMDb, servidores z39.50, PubMed, servidores SRU, CrossRef.org, doutros sitios web, e de guións externos.
- Importa datos de CDDB para catalogar CD de son.
- Analiza e importa coleccións de ficheiros de son, como MP3 ou OGG.
Arquitecturas dispoñibles:aarch64x86_64