Dolphin é o xestor de ficheiros de KDE que lle permite navegar e explorar o contido dos seus discos duros, memorias USB, tarxetas SD, e máis. Fai que tarefas como crear, mover, e eliminar ficheiros e cartafoles sexan doadas e rápidas.
Dolphin contén una morea de funcionalidades de produtividade para aforrarlle tempo. As funcionalidades de separadores e vista dividida permiten navegar varios cartafoles ao mesmo tempo, e pode arrastrar e soltar ficheiros entre as súas vistas facilmente para movelos ou copialos. O menú de clic dereito de Dolphin fornece moitas accións rápidas que lle permiten comprimir, compartir, e duplicar ficheiros, entre outras cousas. Tamén pode engadir as súas propias accións personalizadas.
Dolphin é moi lixeiro, pero ao mesmo tempo pode adaptarse ás súas necesidades concretas. Isto significa que pode xestionar os seus ficheiros como mellor lle pareza. Dolphin permite tres modos de vista distintos: a clásica vista de grade de todos os ficheiros, unha vista máis detallada, e unha vista de árbore. Tamén pode configurar a meirande parte do comportamento de Dolphin.
Dolphin pode amosar ficheiros e cartafoles de moitos servizos de nube de Internet e outras máquinas remotas como se estivesen no seu escritorio.
Dolphin inclúe tamén un terminal integrado que lle permite executar ordes no cartafol actual. Pode estender as capacidades de Dolphin aínda máis con potentes complementos para adaptalo ao seu fluxo de traballo. Pode usar o complemento de integración con Git para interactuar con repositorios de Git, ou o complemento de Nextcloud para sincronizar os seus ficheiros por Internet, e moito máis.