NeoChat é unha aplicación de conversa que lle permite usar todas as funcionalidades da rede Matrix. Fornece unha forma segura de enviar mensaxes de texto e ficheiros de vídeo e son a familiares, amizades ou no traballo.
NeoChat pretende ser unha aplicación completa para a especificación de Matrix. Coas excepcións de VoIP, conversas fiadas e algúns aspectos da cifraxe de extremo a extremo, a versión estábel segue as especificacións. Existen algunhas outras pequenas omisións debido ao feito de que Matrix está en continua evolución pero a intención é fornecer compatibilidade coa especificación completa.
Debido á natureza do desenvolvemento da especificación de Matrix, NeoChat tamén inclúe varias funcionalidades non estábeis: