Lokalize é a ferramenta de localización para software de KDE e doutros programas libres. Tamén é un sistema xeral de tradución asistida por computador (CAT polas súas siglas en inglés) que lle permite traducir ficheiros en formato OpenDocument (.odt). Internamente usa Translate-Toolkit para extraer o texto a traducir de ficheiros «.odt» e «.xliff» e para integrar as traducións de volta no ficheiro «.odt».