LabPlot é un programa libre, de código aberto e multiplataforma de visualización e análise de datos, a disposición de calquera.
LabPlot fornece unha forma doada de crear, xestionar e editar gráficos. Permítelle producir gráficos baseados en datos dunha folla de cálculo ou datos importados de ficheiros externos. Pode exportar os gráficos en distintos formatos de imaxe, de mapas de píxeles ou vectoriais.