KSquares é un xogo baseado no famoso xogo de puntos e caixas que se xoga con bolígrafo e papel. Por quendas, cada xogador debuxa unha liña entre dous puntos adxacentes no taboleiro. O obxectivo é completar máis cadrados que o contrincante.