Xestiona o teu correo electrónico, calendario, contactos e outros datos persoais con Kontact. Kontact agrúpao todo xunto nun lugar e axúdao a xestionar a súa comunicación, organizar o seu día e traballar cos seus compañeiros.
Kontact unifica varias aplicacións de xestión de información persoal nunha única xanela para fornecerlle a mellor experiencia posíbel e aumentar a súa produtividade. Con Kontact pode usar todas as ferramentas da nosa potente colección de programas nun único lugar. A diferencia de aplicación web privativas nós valoramos a súa privacidade e somos compatíbeis con estándares abertos, que é polo que Kontact lle ofrece control total dos seus datos. Pode por suposto acceder aos seus datos sen Internet, se quere.
Kontact consiste en varios compoñentes ben integrados: