KMyMoney é un xestor de finanzas persoais de KDE. Inclúe un gran número de funcionalidades sen renunciar a ser fácil de usar para persoas non técnicas.
Permite definir distintos tipos de contas, organizar por categorías os gastos e ingresos, conciliar contas do banco e importar e exportar datos no formato de ficheiro QIF. Existen ademais complementos que permiten descargar datos directamente en formato OFX ou HBCI. Para os protocolos OFX e HBCI tamén se permite usar a banca por Internet (descargar o extracto).