Kleopatra é unha aplicación libre de xestión de certificados e interface de servizos criptográficos, deseñada principalmente para xestionar certificados OpenPGP e S/MIME (X.509). Como parte do ecosistema KDE, a aplicación fornece unha interface accesíbel para xestionar chaves de cifraxe, asinar e verificar datos, e cifrar ou descifrar ficheiros e mensaxes de correo electrónico.