KHangMan é un xogo baseado no coñecido xogo do enforcado. Está dirixido a rapaces de seis anos para riba. O xogo ten varias categorías de palabras coas que xogar (por exemplo «Animais», palabras relacionadas con animais) e tres categorías de dificultade: doado, medio e difícil.Escóllese unha palabra ao chou, agóchanse as letras e hai que adiviñar a palabra intentando letra a letra. Cada vez que se propón unha letra errada, debúxase unha parte dunha imaxe dun enforcado. Hai que adiviñar a palabra antes de que che colguen! Tes dez intentos.