KGraphViewer é un visor de ficheiros de gráficos DOT de Graphviz que pretende substituír o resto de ferramentas obsoletas de Graphviz. Os gráficos adoitan usarse en contextos científicos e, especialmente, na enxeñaría informática.
Funcionalidades:
Ampliación.
Cargar varios gráficos separadores usando fíos
Gardar a lista de ficheiros recentes.
Cargar ficheiros de novo manualmente.
Amosar unha vista de paxaro dos gráficos.
Usar arrastrar e soltar para mover os gráficos.
Todo tipo de funcionalidades de impresión.
Debuxa perfectamente todos os gráficos de exemplo de Graphviz.
Escolle automaticamente dot para os gráficos dirixidos e neato para os gráficos non dirixidos.
Permite usar un algoritmo de disposición arbitraria en canto produce o formato xdot.
Permite cargar de novo automaticamente, previa confirmación por parte do usuario, ficheiros modificador de maneira externa.
Permite abrir novas instancias como separadores da instancia anterior