KGeography é unha ferramenta para aprender xeografía, que lle permite aprender as divisións políticas dalgúns países (divisións, capitais desas divisións e as súas bandeiras se as teñen).
Funcionalidades:
Examina os mapas premendo unha división do mapa para ver o nome, capital e bandeira
O xogo diche un nome de división do mapa e tela que premer
O xogo diche unha capital e debes adiviñar a división á que pertence
O xogo diche unha división e debes adiviñar a súa capital
O xogo amósache a bandeira dunha división do mapa e tes que adiviñar o seu nome
O xogo diche o nome dunha división do mapa e tes que adiviñar a súa bandeira
O xogo mostra un mapa baleiro e hai que colocar as divisións unha a unha