KDevelop é un ambiente integrado de desenvolvemento (IDE) libre e de código aberto.
Fornece funcionalidades de edición, navegación e depuración para varias linguaxes de programación, así como integración con varios sistemas de construción e sistemas de control de versións, usando unha arquitectura baseada en complementos.
KDevelop ten infraestruturas de análise para C, C++ e JavaScript/QML, con complementos externos adicionais que fornecen compatibilidade, por exemplo, con PHP e Python.