KCachegrind é unha ferramenta de visualización de datos de rendemento que se usa para determinar
as partes da execución dun programa que consumen máis tempo.
Funcionalidades:
Varios tipos de visualizacións dos datos de rendemento dunha aplicación, como un gráfico
de chamadas ou anotacións no código fonte ou no código máquina.
Compatibilidade con datos de rendemento xerados por Calltree, unha ferramenta de Valgrind
para a simulación da caché e o seguimento de chamadas. Así a xeración dos datos de rendemento
non require de ningún tipo de preparación, as bibliotecas compartidas e as arquitecturas de complementos
non resultan un problema, e a xeración dos datos de rendemento non ten ningún impacto nos datos
xerados.
Guións de conversión para OProfile, Perl e PHP.
Posibilidade de cambiar a calquera das varias disposicións de visualización.
O gráfico de chamadas pode exportarse como imaxe (PNG).
Visualización simultánea de dous tipos de evento nas vistas de chamadas e de anotacións.