O obxectivo de KBreakOut é destruír tantos bloques como for posíbel sen perder a bóla.
Ao xogador preséntaselle un campo de xogo que contén determinada cantidade de bloques. Unha bóla atravesa a pantalla, rebotando nas paredes superior e laterais. Cando bate nun bloque, a bóla rebota e o bloque é destruído. O xogador perde unha vida cando a bóla toca o fondo do campo. Para evitar que isto ocorra, o xogador ten que usar unha barra móbil para facer rebotar a bóla cara riba, situada no fondo da xanela. O obxectivo do xogo é avanzar polos niveis destruíndo todos os bloques que aparezan en cada un e intentando obter unha puntuación máxima.