KBounce é un xogo arcade para un xogador cos elementos dun quebracabezas. Xógase nun campo rodeado por unha parede e con dúas ou máis bólas que se moven polo campo botando contra as paredes. O xogador pode construír novas paredes, reducindo o tamaño do campo activo. O obxectivo do xogo é encher polo menos o 75% do campo e avanzar ao seguinte nivel.