KBlocks é o xogo clásico dos bloques que caen A idea é amorear os bloques que caen de xeito que creen liñas horizontais completas, sen ocos. Cando se completa unha liña, esta retírase e amplíase o espazo dispoñíbel na área de xogo. Cando non queda espazo abondo para que caian os bloques, a partida acaba.