Editor de BibTeX de KDE, para editar bibliografías que se usen con LaTeX
KBibTeX é unha aplicación de xestión de referencias que pode usar para recoller bibliografías de TeX/LaTeX e exportalas en diversos formatos.
KBibTeX pode facer o seguinte:
Obteña unha vista previa de entradas bibliográficas en varios formatos: fonte (BibTeX ou RIS), Wikipedia, estándar (XML/XSLT), elegante (XML/XSLT), e só resumo (XML/XSLT). Se ten «bibtex2html» instalado, disporá de estilos de vista previa adicionais.
Importe datos in varios formatos de ficheiro bibliográficos como BibTeX, RIS e ISI (require «bibutils») e exporte os datos a PDF (require «pdflatex»), PostScript (require «latex»), RTF (require «latex2rtf»), e HTML.
Busque os datos das entradas bibliográficas en base de datos en Internet (como Google Scholar, ACM, IEEE, arXiv, etc.).
Obteña unha vista previa de recursos locais ou en Internet, como ficheiros PDF, que estean ligados desde a entrada de BibTeX.
Atope e fusione entradas duplicadas da bibliografía.
Integre as súas bibliografías con editores de LaTeX como Kile e LyX.