Kanagram é un xogo baseado en anagramas de palabras: o quebracabezas resólvese cando as letras da palabra desordenada se ordenan correctamente. Non existe ningún límite de tempo, nin de oportunidades para resolver a palabra. O xogo goza de varias listas de palabras, un sistema de axuda de consellos e trucos, un editor de listas de palabras, e permite actualizar e distribuír as listas de palabras mediante KNewStuff. As dimensións da interface poden cambiarse, e a interface é axeitada para nenos.