KAlgebra é unha aplicación que pode substituír as calculadoras gráficas. Ten funcionalidades numéricas, lóxicas, simbólicas e de análise que permiten calcular expresións matemáticas na consola e trazar graficamente os resultados en 2D ou 3D. KAlgebra ten o seu alicerce na linguaxe de etiquetas matemática (MathML); porén, non hai que saber nada do MathML para poder usar KAlgebra.