O explorador de iconas permite que artistas e desenvolvedores observen e seleccionen iconas. O explorador de iconas intenta amosar as iconas tal e como aparecerían nunha aplicación. Permite filtrar por nome e por categoría. O explorador de iconas non é unha ferramentas de uso xeral, senón que está pensada especificamente para casos de uso de artistas e desenvolvedores. O explorador de iconas tamén fornece un complemento para usalo como selector de iconas en Kate e KDevelop.