GCompris é unha colección de programas educativos que inclúe numerosas actividades para nenas e nenos de entre 2 e 10 anos.
Algunhas das actividades están orientadas ao xogo, pero son aínda así educativas.
A continuación atopará unha lista de categorías e as actividades dispoñíbeis en cada unha desas categorías.
Actualmente GCompris ofrece máis de 100 actividades e hai máis en desenvolvemento. GCompris é libre, o que significa que pode adaptalo para axustalo ás súas necesidades, melloralo e, o máis importante, compartilo con nenos de todo o mundo.