Blinken está baseado nun xogo electrónico lanzado en 1978 que reta os xogadores a lembraren secuencias de lonxitude cada vez maior. Na fronte do dispositivo hai catro botóns de distintas cores, cada un co seu son distintivo. Estes botóns ilumínanse aleatoriamente, creando a secuencia que o xogador debe lembrar. Se o xogador ten éxito ao lembrar a secuencia de luces na orde correcta, avanza ao seguinte nivel, onde se lle presenta unha secuencia idéntica cun paso máis. Se non acerta, perde o xogo e deberá comezar de novo desde o principio. O obxectivo é obter moitos puntos - cada paso na secuencia vale un punto, polo que a introdución correcta dunha secuencia de oito luces vale oito puntos na táboa de puntuacións.