Artikulate é un adestrador de pronuncia que lle axuda a mellorar e perfeccionar a súa pronuncia de distintos idiomas. Fornece cursos con gravacións de falantes nativos para varios idiomas. O estudante descarga os cursos, selecciona unha categoría de frases para adestrar, e comeza coa gravación da súa propia voz pronunciando as frases, e comparando os resultados coas gravacións do falante nativo, escoitando ambas as dúas gravacións. Axustando e repetindo a súa gravación, o estudante pode mellorar a súa pronuncia.