KOReader é un lector de libros electrónicos optimizado para pantallas e-ink. Pode abrir moitos formatos e permite axustes avanzados de texto.
A continuación unha selección das súas moitas funcións:
Soporta formatos de páxina fixa (PDF, DjVu, CBT, CBZ) e formatos de e-book reordenables (EPUB, FB2, Mobi, DOC, CHM, TXT, HTML). Documentos PDF/DjVu escaneados poden ser reorganizados. Direccións especiais de organización para ler PDFs de dúas columnas e manga.
Interface de usuario multi-linguaxe optimizado para pantallas de tinta electrónica. Vista de lector altamente axustable con opcións completas de tipografía. Dicionarios de separación en sílabas para múltiples linguaxes incluídos.
Soporte para libros con escritura non latina, incluíndo hebreo, árabe, persa, ruso, chinés, xaponés e coreano.
Funcionalidades únicas de Mapa do Libro e Explorador de páxinas para navegar polo libro.
Modo especial de destacar texto multi-páxina con moitas opcións para exportar localmente ou na rede.
Sincroniza o teu progreso de lectura en todos os teus dispositivos onde uses KOReader.
Integrado con Calibre, Wallabag, Wikipedia, Google Translate e outros provedores de contido.