Mousepad pretende ser un editor doado de usar e rápido. O noso obxectivo é un editor para editar rapidamente ficheiros de texto, non un contorno de desenvolvemento ou un editor cun enorme conxunto de engadidos.
Por outra banda, intentamos usar as últimas funcións de GTK dispoñíbeis, o que significa que se GTK engade algo novo nunha versión importante que é útil para o editor, é probable que engadamos esa dependencia de GTK e integremos esta nova función no Mousepad.