Stellarium ofrece ceos foto-realistas 3D en tempo real con OpenGL. Amosa estrelas, constelacións, planetas e nebulosas e ten moitos outros recursos, incluíndo múltiples paisaxes panorámicas, néboa, simulación de contaminación lumínica e un mecanismo de script incorporado.
Stellarium vén cun catálogo dunhas 600 mil estrelas e é posible descargar catálogos adicionais con ata 220 millóns de estrelas.
Stellarium ten varias culturas do ceo: podes ver as constelacións das tradicións dos astrónomos polinesios, inuit, navajos, coreanos, gregos e chineses, así como as constelacións tradicionais occidentais ou oficiais modernas.
Tamén é posible visitar outros planetas no sistema solar - ver o ceo coma os astronautas do Apollo, ou os aneis de Saturno dende Titan.