SpeedCrunch é unha calculadora científica rápida e de alta precisión. Conta cun visor desprazable con realce de sintaxe e está deseñada para usarse completamente co teclado.
Inclúe moitas funcións matemáticas integradas e admite características avanzadas como funcións definidas polo usuario, números complexos e conversións de unidades. Todo isto combínase cunha interface de usuario sinxela pero potente que ofrece previsualización inmediata dos resultados, realce de sintaxe e autocompletado.
SpeedCrunch está dispoñible para varias plataformas e en varios idiomas.