Skrooge é un xestor de finanzas persoais baseado en KDE, e que ten por obxectivo ser sinxelo e intuitivo. Skrooge permite facer un seguimento dos gastos e ingresos, organizalos por categorías, e construír informes sobre os mesmos.
Funcionalidades:
Permite importar e exportar QIF, CSV, SKROOGE e KMYMONEY.
Permite importar Microsoft Money, OFX, QFX, MT940, GNUCASH, GRISBI, HOMEBANK e MONEY MANAGER EX.
Informes gráficos avanzados.
Dispón de varios separadores para permitirlle organizar o traballo.
Funcionalidade de desfacer e refacer sen limitacións (incluso tras pechar o ficheiro).
Filtro instantáneo de asentos e informes.
Niveis de categorías sen limitacións.
Actualización masiva de asentos.
Asentos planificados.
Seguimento da devolución dos gastos.
Procesamento automático de asentos baseado en condicións de busca.