digiKam é unha aplicación libre de xestión avanzada de fotos dixitais que funciona en Linux, Windows e macOS. A aplicación fornece un conxunto moi completo de ferramentas para importar, xestionar, editar e compartir fotos e ficheiros RAW (imaxes en cru). Pode usar as funcionalidades de importación de digiKam para transferir facilmente fotos, ficheiros RAW e vídeos da cámara e de dispositivos de almacenamento externo (tarxetas SD, discos USB, etc.). A aplicación permítelle configurar a importación e regras que procesan e organizan os elementos importados sobre a marcha.
digiKam organiza fotos, ficheiros RAW e vídeos en álbums. Pero a aplicación tamén ten potentes ferramentas de etiquetaxe que permiten asignar etiquetas, cualificacións e lendas a fotos e ficheiros RAW. Pode usar a funcionalidade de filtro para atopar rapidamente elementos que coinciden cuns criterios concretos.
digiKam pode manexar ficheiros RAW e usa a excelente biblioteca LibRaw para descodificalos. A biblioteca está activamente mantida e actualízase regularmente para incluír compatibilidade cos últimos modelos de cámaras. digiKam tamén pode xestionar ficheiros de vídeo para catalogar, e a aplicación usa motores de FFmpeg para extraer metadatos e reproducir contido multimedia.
A funcionalidade estendida de digiKam impleméntase mediante un conxunto de ferramentas baseado nun mecanismo de complementos (chamado DPlugins, i.e. complementos de digiKam). Os complementos poden escribirse para importar e exportar o contido de servizos web remotos, engadir novas funcionalidades para editar imaxes, e procesar varias fotos de golpe.
Funcionalidades: