Quadrapassel é un derivado do xogo clásico ruso de bloques que caen. Reposicione e xire os bloques que caen, e tente poñelos xuntos. Ao formar unha liña horizontal completa de bloques, a liña desaparece e gañará puntos. O xogo termina cando a pila de bloques é moi alta. A medida que acumula puntos, subirá de nivel e os bloques caerán máis rápido.
Se está a buscar un reto, Quadrapassel permite aumentar a velocidade de inicio dos bloques ou comezar o xogo con bloqueos parciais nalgunhas das liñas. Ou, no canto de facer que os bloques caian de forma aleatoria, pode seleccionar bloques que sexan difíciles para colocar.