Monitoriza o uso da túa CPU, Memoria, Disco, Rede e GPU, acompañado por unha desagregación por aplicación e proceso destas estatísticas
Características:
- Monitoriza o uso total ou por fío da CPU
- Ver recuento de procesos, fíos, e controladores do sistema, tempo de actividade, velocidade do reloxo (base e actual), tamaños de caché
- Monitoriza o uso de RAM e memoria de intercambio (Swap)
- Vexa un desglose de como a memoria está a ser empregada polo sistema
- Monitoriza a utilización do disco e as taxas de transferencia
- Monitoriza o uso da rede e as velocidades de transferencia
- Ver información das interfaces de rede tales coma nome da tarxeta de rede, tipo de conexión (Wi-Fi ou Ethernet), velocidadee e frecuencia sen fíos, enderezo de hardware, enderezo IP
- Monitor xeral de uso da GPU, uso do codificador e decodificador de vídeo, uso de memoria e consumo de enerxía, coa teclonoxía do popular proxecto NVTOP
- Monitoriza os ventiladores do sistema
- Ver unha desagregación do uso de recursos por aplicación e proceso
- Admite unha vista resumida minimizada para unha monitorización sinxela
- Empregue renderizado acelerado por hardware para todas as gráficas nun esforzo por reducir o uso total de recursos e de CPU
- Emprega GTK4 e Libadwaita
- Escrito en Rust
Limitacións (estase a traballar para superalas todas):
- A monitorización da GPU de Intel só se admite para GPUs Broadwell e posteriormes; e non soporta VRAM, potencia ou monitorización de temperatura
- Ao empregar Linux Mint/Cinnamon, as aplicacións lanzadas poden non aparecer na sección "Aplicacións" (Upstream issue: https://github.com/linuxmint/cinnamon/issues/12015)
Comentarios, suxestións, informes de erros e contribucións son benvidos